NOTICIAS

Última noticia  

Centrón es presentado como nuevo jugados del Alondras CF

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 27/11/2015 23:35:35

O futbolista amosa a súa ilusión por volver a casa

Miguel Centrón foi presentado esta tarde como novo xogador do Alondras, nun acto no que estivo acompañado polo presidente do club, Luis Guimeráns, no cal o futbolista mostrou a súa satisfacción por firmar ata o 30 de xuño polo club blanquivermello.

O xogador cangués recoñece que esta fichaxe propiciouse gracias a que levaba adestrando co Alondras case dende o comezo da tempada e que xa tiña ganas de volver a sentirse futbolista e que mellor que facelo no se club, ao que lle ten moita estima. Ademais engade que “o Alondras é o club no que me criei e é especial volver a casa, porque aínda cando estiven lonxe sempre sentín as cores do Alondras”.

En canto ao adestrador xa lle falaran del, pero tivo a oportunidade de coñecelo nestes meses adestrando no Morrazo e cre que encaixa perfectamente coa filosofía do club. Precisamente do seu novo adestrador só ten boas palabras e ten ganas de xogar con el, pois considera que “leva ben á plantilla e gústame como plantexa os adestramentos”. O futbolista recalca que “Jacobo Montes faiche estar cómodo no día a día”. Para Centrón non será complicada a adaptación pois xa coñece a tódolos seus compañeiros tras ese período de adestramentos co conxunto alondrista, pero é que ademais conta con grandes amigos dentro do equipo como Mauro ou Martín.

Centrón recoñece que lle falta ritmo de competición, “non estou ao 100%”, afirma. Recoñece que ao non facer case pretemporada e estar sen competir fáltalle ritmo, pero que o irá collendo pouco a pouco, xogando minutos e subirá de nivel. Amósase rotundo ao indicar que ao Alondras lle vai a aportar ganas, moitas ganas de facer as cousas ben e por suposto experiencia. Pois Miguel Centrón aos seus 30 anos pode presumir de xogar na 2ªB con equipos como Compostela, Coruxo, Oviedo e Poli Ejido. En canto ao equipo non dubida en dicir en que nome a nome hai unha gran plantilla, porque este ano o Alondras ten moi bos xogadores. E malia non querer marcarse obxectivos non dubida en sentenciar “o equipo ten moi bo nivel e se nos acompaña a sorte podemos conseguir moitas cousas”.

Sheila Lorenzo

Xefa de prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com