NOTICIAS

Última noticia  

Nueva incorporación del Alondras C.F. y baja de Leiro

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 11/01/2016 21:27:06

O Alondras CF pechou, nas últimas horas, a incorporación do dianteiro Adrián Rodríguez, que se atopaba no Tudelano de 2ªB. O futbolista vigués de 19 anos formouse na canteira do Porriño e Celta de Vigo, club ao que pertence e no que xogaba a campaña pasada co xuvenil. Adrián ven a Cangas para reforzar unha das liñas máis xustas de efectivos do Alondras CF, a atacante. O dianteiro é un futbolista rápido e con boa mobilidade no área, ademais caracterízase por ser un bo rematador e ten gol. Na campaña pasada, co xuvenil do Celta, anotou 21 goles en Liga e 5 en Copa, mentres que na anterior nas filas do Porriño anotou un total de 19 dianas.

O futbolista, que non chegou a disputar ningún minuto en liga co Tudelano, amósase contento coa súa fichaxe e afirma que “o Alondras é un gran equipo e un bo sitio para seguir mellorando”. Non dubida en recalcar que o Alondras “conta cunha gran plantilla e cun mellor adestrador” Un adestrador ao que xa coñece e do que di que “está a facer un bo traballo e verase reflexado”, ademais manifesta que Montes é un “adestrador ao que lle gusta o fútbol vistoso e de toque e iso gústame”.

Pola súa banda o adestrador amosa a súa ilusión coa chegada de Adrián de quen di que “é un xogador de área, rematador e de seguro nos traerá o gol que nos falta”.

Sen embargo este non é o único movemento na plantilla do Alondras. O centrocampista cangués, Martín Leiro, causa baixa no conxunto blanquivermello por motivos laborais, xa que marcha fóra de Galicia. O futbolista que levaba toda a súa vida vinculado ao Alondras pecha así unha etapa da súa carreira. A directiva do Alondras CF quere agradecer a Leiro a súa entrega durante o tempo que vestiu a camiseta blanquivermella e deséxalle moita sorte en todos os seus proxectos.

Sheila Lorenzo

Xefa de prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com