Anímate y ven a apoyar a tu equipo!!!
Noticias Alondras
Redactor: Antiguo - Fecha 09/04/2016 06:16:04
Xogadores, técnicos e directivos animan aos seareiros a converterse no xogador
número 12 durante o encontro do Alondras de División de Honra
O Alondras CF alenta aos seus afeccionados a encher o campo do Morrazo mañá sábado,
con motivo do encontro que disputará seu equipo xuvenil ante o CD Tropezón, ás 18
horas. Un encontro moi importante para o Alondras xuvenil, pois por el pasan as opcións
de acadar a permanencia.
O Alondras afronta este encontro en postos de descenso con 27 puntos, pero de acadar
a vitoria afrontaría a derradeira xornada de liga con opcións de manter a categoría outra
tempada máis. Pola súa banda o Tropezón chega a Cangas tres postos por riba do
Alondras con 32 puntos, pero sen ter aínda a permanencia asegurada.
O encontro que afrontan este sábado os rapaces do conxunto xuvenil é de gran
relevancia para os intereses do equipo, pero tamén o é para o fútbol da comarca, pois
é positivo que poidan xogar na mellor liga da súa categoría a nivel estatal.
Dende o club blanquivermello quérese transmitir a mensaxe de que a unión fai a forza
e pídeselle a toda a afección que encha a bancada do Morrazo e que animen de principio
a fin do encontro aos seus xogadores, como se fora unha final, porque afección e equipo
xuntos podemos superar calquera reto e co esforzo de todos seguro que o conseguimos.
Sheila Lorenzo
Xefa de Prensa Alondras CF
Compartir en Facebook