NOTICIAS

Última noticia  

Crónica del Alondras C.F. & C.D. Boiro por Sheila Lorenzo

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 25/04/2016 07:12:26

EMPATE NO MORRAZO ENTRE ALONDRAS E BOIRO

Un penalti no último minuto de Rivera dálle un punto ao Boiro

 24/04/2016

Disputábase no Campo de O Morrazoa trixésimo quinta xornada da Terceira División entre o Alondras CF e o Boiro, dous equipos que afrontaban o encontro con necesidades diferentes, pois os locais xa non se xogaban nada, mentres que o Boiro xogábase manter o liderado da categoría.

Nos primeiros compases do encontrochegaron as primeiras aproximacións do Boiro a porta de Lorenzo, pero sen perigo. Maisaxiña chegaron as primeiras ocasións do equipo de Jacobo Montes que xogou con comodidade e descaro, como un córner sacado por Mauro que a piques estivo de cabecear Rubén Comesaña ao fondo da rede ou unha internada de Rafa pola esquerda que centra e non chega a rematar, con claridade, ningún home do Alondras. Pero no minuto 22 Mauro rouba un balón no medio do campo, déixalla a Joni que lla devolve a Mauro quen, dende os once metro, sorprende a Reguero co primeiro tanto da tarde. Dez minutos máis tarde o Alondras tivo unha dobre oportunidade para aumentar diferenzas cun centro que lle quita o defensa a Adrián dos pés, recupera o balón Joni que centra e remata Adrián fóra.

Xa no segundo acto o Boiro saltou ao terreo de xogo volcado ao ataque. Yahvé a piques estivo de poñer a igualada no marcador nun saque de córner que foi directo á porta e tivo que empregarse a fondo Lorenzo para desviala outra vez a córner. Un minutos máis tarde Rivera tivo un man a man con Lorenzo que outra vez gañou o porteiro local, caeu o rexeite para Romay que tampouco foi quen de superar ao meta. A dous minutos para o final do encontro, o Boiro sacou petróleo dunha falta a cal foron todos os homes do Boiro a rematar e todo o Alondras a defender, nese barullo de homes o colexiado viu unha man de Rubén que supuxo penalti a favor do Boiro. Tomou a responsabilidade de lanzamento Rivera que non fallou dende os once metros e puxo o 1-1 definitivo no marcador.

Tras este empate o Alondras é noveno con 49 puntos, mentres que o Boiro é líder empatado a 68 puntos co Cerceda. Na vindeira xornada o Alondras visita ao Arousa, mentres que o Boiro recibe ao Noia.

 FICHA TÉCNICA:

ALONDRAS CF:Lorenzo, Castilla, Rafita,Fiuza, Agujetas (Diego Diz, min 46), Rubén Comesaña, Joni (Iván, min 79), Álex Gómez, Adrián, Mauro e Centrón.

CD BOIRO:Reguero, Paco, Marcos, Sidibé, Javi Barrio, Yahvé (Stefan, min 66), Cano, Pillado, Rivera, Romay(Suso, min 90) e Tubo (Herbert, min 46).

ÁRBITRO: Formoso Sánchez, auxiliado por Cinza Seoane e Formoso Díaz, do colexio de Ferrol. Amonestou aRafita, Rubén Comesaña e Adrián polo Alondrase a Riverapor parte do Verín.

INCIDENCIAS: Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio na memoria do xogador cadete do Muxía que faleceu no día de onte.

CAMPO: O Morrazo, ante uns 700 espectadores.

Sheila Lorenzo

Xefa de Prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com