NOTICIAS

Última noticia  

Crónica del Alondras CF & CD Barco por Sheila Lorenzo

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 03/10/2016 07:03:44

O ALONDRAS DEIXA ESCAPAR OS PRIMEIROS PUNTOS NO MORRAZO 02/10/2016 Disputábase a sétima xornada da Terceira División entre o Alondras CF e o Barco, dous equipos que hoxe buscaban unha vitoria e sumar tres puntos para asentarse na zona alta da táboa os locais ou achegarse arriba os de Javier Rey. Aínda cos afeccionados chegando ao Campo do Morrazo xa se inauguraba o marcador tras unha cabalgada de Tubo pola dereita que pon o balón no área para que Andrés empurrara ao fondo da rede. Parecía que o encontro se lle poñía de cara aos locais, pero nin moito menos así. O Barco pouco a pouco foi gañando en contundencia e no minuto 10 chegou o empate grazas a un bo remate de cabeza de Javi Ballesteros. Era volver a empezar cun Barco moito mellor posicionado, tendo o balón e controlando o encontro e con algunha ocasión como un saque de falta de David Álvarez que sacou Lorenzo, pero sen ser quen de superalo, malia que a defensa local non estaba atinada e chegouse ao descanso co 1-1. No segundo tempo o Alondras saíu moito máis metido no partido e moita mellor disposición no terreo de xogo. Tivo oportunidade Yerai de adiantar aos locais no marcador nada máis comezar, pero estivo atinado Óscar Rodríguez no man a man. No 58 David Álvarez atopouse cunha ocasión de ouro despois de que o colexiado, bastante desacertado toda a tarde, lle sinalara unha falta case no borde da área que lles permitiu adiantarse no marcador. Mais o Alondras non se descompuxo e seguiu na liña na que comezara o segundo tempo e creando perigo en ataque. E no 64 tivo o equipo de Jacobo Montes a súa recompensa gracias a un balón colgado ao segundo pau ao que respondeu cun perfecto testarazo Fiuza que devolveu o empate ao marcador. Os cangueses non deixaron de intentalo e chegaron con moito perigo con numerosas ocasións de Mauro, Fondevila ou Andrés, pero ás veces a falta de precisión e outras Óscar Rodríguez impediron a remontada final. Tras este empate o Alondras suma 12 puntos e queda na quinta posición, mentres que os de Valdeorras son decimo cuartos con 8. Na vindeira xornada o Alondras visitará ao Arousa, pola contra o Barco recibe ao Castro. FICHA TÉCNICA: ALONDRAS CF: Lorenzo, Tubo, Rubén Comesaña, Fiuza, Agujetas, Borja Peña, Yerai, Fondevila, Andrés, Champi (Mauro, min 62), Joni (Pablo Couñago, min 68). CD BARCO: Óscar Rodríguez, Cristóbal Juncal (Rubén García, min 46), Óscar Loza (Deivis, min 65), Corzo, Omar, Adil, Javier Recaman, David Álvarez, Javi Ballesteros, Álex Expósito (Ramos, min 72), Ivi Vales. GOLES: 1-0: Andrés, min 1; 1-1: Javi Ballesteros, min 10; 1-2: David Álvarez, min 58; 2-2: Fiuza, min 64. ÁRBITRO: Domínguez Manteiga, auxiliado por Gándara Bello e Vazquez Penas do colexio de A Coruña. Amonestou polo Alondras a Agujetas, Borja Peña, Yerai e Joni, mentres que polo Barco a Omar e expulsou ao adestrador Javier Rey. CAMPO: O Morrazo, ante uns 600 espectadores.   Sheila Lorenzo Xefa de Prensa Alondras CF  

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com