NOTICIAS

Última noticia  

Jacobo Montes presenta su dimisión.

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 21/11/2016 17:58:07

Nas últimas horas Jacobo Montes presentou á directiva alondrista a súa dimisión tras a mala xeira de resultados do conxunto blanquivermello e prefire deixar paso a outra persoa que sexa capaz de endereitar o rumbo do equipo. O Alondras deste ano confeccionouse co obxectivo de loitar por clasificarse entre os catro primeiros e poder disputar a fase de ascenso a 2°B.  Nembargante, tras a derrota sufrida onte ante o Negreira, os cangueses atópanse na décimo quinta posición con 16 puntos, tan só 4 por riba dos postos de descenso.

Esta era a segunda tampada na que Jacobo Montes se sentaba no banco alondrista, pois chegara a Cangas no verán de 2015, campaña na que o Alondras rematou como sétimo clasificado, a sete puntos de clasificarse para disputar o play off de ascenso.

Dende o club queren transmitir seu agradecemento a Jacobo Montes por todo o que aportou ao equipo durante a súa estancia no banco do Alondras CF e polo seu exemplar comportamento, así como desexarlle o mellor nos novos proxectos que emprenda.

O adestramento do Alondras CF desta tarde estará dirixido polo actual preparador físico, Cristian Fernández e o adestrador de porteiros, Nando Rodas. Dende a dirección técnica do club estse a traballar na búsqueda dun sustituo para Montes como novo inquilino no banco alondrista, que se agarde que xa poida dirixir ao equipo no vindeiro adestramento do mércores.

Sheila Lorenzo Xefa de prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com