NOTICIAS

Última noticia  

Jose Manuel Duarte nuevo Entrenador del Alondras

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 22/11/2016 14:40:20

A directiva do club cangués xa atopou sustituto para Jacobo Montes, o novo inquilino no banco do Alondras será José Manuel Duarte.

A dirección deportiva do Alondras CF barallaba distintos nomes, pero finalmente decantaronse por Duarte, un vello coñecido no club e pola afección canguesa. Duarte xa diriuxiu ao Alondras CF, co que disputou a fase de ascenso a 2°B no 2002. E mais recentemente dirixiu ao equipo xuvenil acadando o ascenso á División de Honra e mantendo a categoría durante dúas tempadas.

Dendo o club apostase por un home como Duarte porque é alguen cercano, da casa e que xa coñece ao club. Ademáis considérase que conta coa capacidade de dirixir a un club como o Alondras CF, así como endereitar o rumbo do equipo. O xa novo adestrador do Alondras CF conta con toda a confianza por parte do club e da dirección deportiva.

Duarte comezará a adestrar ao seu novo equipo mañá para preparar o encontro do vindeiro domingo ante o Barbadás, onde xa se sentará no banco do seu novo equipo.

Sheila Lorenzo

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com