NOTICIAS

Última noticia  

Crónica del Alondras & Compostela por Sheila Lorenzo

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 30/01/2017 11:32:22

UN LOITADOR ALONDRAS NON PODE CO COMPOSTELA

Un hat trick de Diego Rey guía a vitoria dos santiagueses

29/01/17 Na décimo vixésimo terceira xornada da Terceira División enfrontábanse Alondras e Compostela, dous conxuntos que viñan de encadear dúas vitorias consecutivas e que neste encontro querían continuar a boa xeira que lles permitise asentarse na zona alta aos visitantes e afastarse da zona baixa aos cangueses. Nos primeiros compases de xogo axiña tomaron o mando os santiagueses e chegaron as primeiras aproximacións ao área. Xa no minuto 5, nunha rápida chegada de Diego Rey pola dereita, déixaa para Tomás que remata, pero responde Martín cunha man prodixiosa. O Alondras tentaba xerar perigo a balón parado ou nalgunha contra e a piques estivo Champi de inaugurar o marcador no 19 cun tiro ao segundo pau que fai que Lucas se teña que empregar a fondo para despexar. Pero a posesión seguía a ser do conxunto dirixido por Yago Iglesias e no 28 chegou o primeiro tanto da tarde, obra de Recoba que recibe o balón entre liñas, recorta e pon o balón na escuadra. No 37, Santi puido ampliar diferenzas no marcador, tras un pase de Saro, pero falla con Martín no chan. Tan só dous minutos despois o conxunto de Duarte puido empatar o encontro cun tiro cruzado de Álex Gómez dende o pico da área, pero márchaselle por riba da portería. E no 42, chegou unha das accións, por desgraza, protagonistas do encontro. Un choque do gardameta local, Martín, con Diego Rey, fai que o porteiro caia mal e se manque o xeonllo. O porteiro tivo que ser trasladado ao hospital, o que fixo debutar a Jose esta tarde co Alondras CF. Xa no segundo tempo a dinámica foi moi similar a dos primeiros 45 minutos. No 52 Jose tivo unha gran intervención tras unha moi boa xogada de Tomás, que se vai de varios rivais, deixa para Santi e no man a man vence o porteiro. Duarte deulle entrada a Mauro e cando tan só levaba 2 minutos no terreo de xogo, recibe un centro ao punto de penalti de Casti, que remata a gol poñendo o 1-1 no marcador. O Alondras atopábase en moi bo momento de xogo, pero pouco lle duraría a alegría aos locais. Nunha contra, remata Recoba ao pau, recolle o rexeite e pona no segundo pau para que faga o 1-2 Diego Rey de cabeza. Tan só dous minutos máis tarde, balón longo ao que Diego Rey consigue chegar antes que Jose, que dubida, e finaliza Diego cunha vaselina magnífica, poñendo o 1-3 no marcador no minuto 67. Pasaron só 4 minutos, cando un bo centro de Tubo, un dos mellores do Alondras, lle valeu a Mauro para facer o segundo do Alondras e recortar diferenzas no marcador. Os locais poñían empeño na remontada, pero hoxe era o día de Diego Rey que no 81, cun zurdazo, sentencia o encontro co definitivo 2-4 no marcador. Con este derrota o Alondras continúa con 28 puntos e cae á décimo cuarta posición, mentres que o Compostela con 38 continúa sexto. Na vindeira xornada o Alondras enfrontarase ao Bergantiños nas Eiroas, mentres que os de Santiago reciben ao Castro.   FICHA TÉCNICA: ALONDRAS CF: Martín (Jose, min 42), Casti, Rubén Comesaña, Agujetas, Fiuza, Abel (Mauro, min 55), Tubo, Álex Gómez, Pablo Couñago, Champi (Fondevila, min 80), Borja. SD COMPOSTELA: Lucas, Saro, Mon, Cardeñosa, David Uña, Taboada (Rubén, min 59), Diego Rey, Make, Tomás, Recoba (Cabrejo, min 63), Santi (Nogueira, min 85). ÁRBITRO: Méndez Castro, auxiliado por Soto Eiroa e Acuña Piñeiro, do colexio de A Coruña. Amonestou con tarxeta amarela a Borja Peña polo Alondras e a David Uña, Nogueira e Rubén polo Compostela. GOLES: 0-1: Recoba, min 28; 1-1: Mauro, min 58; 1-2: Diego Rey, min 64; 1-3: Diego Rey, min 67; 2-3: Mauro, min 71; 2-4: Diego Rey, min 82. CAMPO: O Morrazo, ante uns 700 espectadores.      

Sheila Lorenzo

Prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com