NOTICIAS

Miguel Centrón ficha por el Alondras C.F.

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 26/11/2015 17:23:05

O Alondras CF pechou, nas últimas horas, a incorporación do extremo zurdo Miguel Centrón que se atopaba sen equipo dende o verán tras a súa saída do Pontevedra e que adestraba, a diario co equipo de Jacobo Montes. O futbolista cangués de 30 anos formouse na canteira do Celta de Vigo e Alondras CF onde xa chegou a xogar na Terceira División, antes de saír a continuar coa súa carreira deportiva lonxe de Cangas. Conta con amplia experiencia tanto en Terceira, como na Segunda B, tras pasar por equipos como Oviedo, Poli Ejido, Compostela, Coruxo e Pontevedra. Centrón ven a reforzar unha das liñas máis xustas de efectivos do Alondras, a atacante. O cangués é un futbolista rápido, habilidoso e con bo manexo do balón, aportará novas solucións ao ataque do equipo cangués coa súa técnica e aportando gol, así como grandes centros que executará dende a súa banda. O adestrador, Jacobo Montes, que xa coñece ao xogador dende que comezou a adestrar co Alondras na pretemporada, amosa a súa satisfacción por esta fichaxe, xa que considera que “ven a reforzar unha posición que tiñamos un pouco coxa” e “vai dar un salto de calidade ao equipo”. Sheila Lorenzo Xefa de prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com

Política privacidad