NOTICIAS

Alondras CF 2 CD Castro 1. Crónica de Sheila Lorenzo

Noticias Alondras

Redactor: Antiguo - Fecha 21/08/2016 17:41:50

O ALONDRAS ESTREA A TEMPADA CON VITORIA

O Castro no ten o debut soñado na Terceira División

Deuse o pistoletazo de saída á Terceira División no Campo do Morrazo coa primeira xornada de liga disputada entre un renovado Alondras de Jacobo Montes e o Castro, conxunto que debutou esta mesma tarde na categoría.

Nos primeiros minutos do partido,viuse a un Alondras que saltaba ao terreo de xogo con ganas, moi ben posicionado e tendo o balón. Os locais roldaban en todo o momento a porta defendida por Yebra, tras a lesión de Javi no quecemento, e en máis dunha ocasión chegaron a poñelo en perigo, como nunha falta botada por Mauro no minuto 13 dende a dereita, que empuxa lixeiramente Tubo, pero se lle vai desviada por pouco. Tres minutos despois Mauro volveu a ser protagonista cunha internada no área na que todo o Alondras reclamou penalti, pero non o vou así o colexiado.

Mentres o Castro dedicábase a defender as chegadas dos de Cangas, pero no 21,Héctor, conseguiu superar comodamente á defensa local e bateu sen complicacións a un Lorenzo totalmente superado, facendo así o primeiro da tarde, o primeiro do Castro na Terceira. A partir de aí o guión do encontro cambiou, o Alondras quedou tocado e xa lle custaba máis controlar o balón e crear xogadas. Pola súa bandao Castro, motivado por ese gol, viuse arriba e xogaba con máis descaro, conseguindo ter máis o balón. Froito diso foi que puideron ampliar o marcador antes de ir ao descanso como no 43 tras un córner botado por Xaime que remata Héctor case baixo paus e consegue sacar Lorenzo, deixando así o 0-1 ao descanso.

 Ao pouco de comezar o segundo acto Jacobo Montes apostou forte cun dobre troco no que lle deu entrada a dous dianteiros Joni e Andrés en lugar de Víctor e Mateo. E os trocos deron resultado xa que cando non levaban nin un minuto no terreo de xogo, Joni encarou portería, tirou dende o pico da área, non curtou a defensa e foi imposible para o gardameta. Era o 1-1 e corría o minuto 55. Dous minutos despois Andrés, que tamén acababa de entrar no terreo de xogo, volvía poñer o balón no fondo da rede, pero o tanto foi anulado por fóra de xogo.

 Os homes de Jacobo Montes volvían a recuperar sensación, tiñan unha mellor disposición no terreo de xogo e amosábanse moito máis cómodos xogando o balón e creando xogadas, o resultado diso chegou en forma de gol. Mauro, no 72, tras unha boa internada pola banda esquerda, meteuse no área pequena e puxo o esférico nun imposible para Yebra que nada puido facer mais que lamentarse por ver o 2-1 reflexado no marcador.

 A partir de aí todo se lle puxo de cara ao conxunto local, que vían como o conxunto que tiñan enfronte se descompoñía por momentos e só lograba achegarse timidamente á porta con tiros afastados ou algunha contra. Ademais intentaban defenderse como podían e máis tras quedar cun home menos no terreo de xogo por dobre cartón amarelo a Iván, tras unha falta e as posteriores protestas no 81.O Alondras só tivo que controlar o balón, manter o marcador ata o final e acadar así a primeira vitoria da tempada por 2-1 ante un Castro que lle puxo ganas, pero que finalmente foise de baleiro do Morrazo.

 Na vindeira xornada o Alondras xogará co As Pontes no Poboado, mentres que o Castro vivirá o seu primeiro encontro de Terceira División no Estadio Municipal de Castro de Rei, fronte o Racing Vilalbés

FICHA TÉCNICA:

ALONDRAS CF:Lorenzo, Castilla, Mateo (Joni, min 54), Agujetas,Rubén Comesaña, Xose (Fiuza, min 70) Tubo, Álex Gómez, Víctor (Andrés, min 54), Fondevila, Mauro.

CD CASTRO:Yebra, Pillado, Dumi, Ziko, Pedro (Marino, min 78), Héctor (Nano, min 63), Álvaro (Álvaro Álvarez, min 64), Xaime, Iván, Tichi, Omar.

GOLES: 0-1: Héctor, min 21; 1-1: Joni, min 55; 2-1: Mauro, min 72.

ÁRBITRO: GonzálezArévalo, auxiliado por Soto Eiroa e Patricio Blancodo colexio de A Coruña.Amonestoucon tarxeta amarela a Tubo polo Alondrase expulsou aIván, con dobre cartón amarelo, polo Castro.

INCIDENCIAS: Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio na memoria de Epifanio Campo Fernández, ex vicepresidente da Federación Galega de Futbol.

CAMPO: O Morrazo, ante uns 600 espectadores.

Sheila Lorenzo

Xefa de Prensa Alondras CF

Compartir en Facebook
 

Contacto

Alondras CF.


Teléfono: 986 300 220
Fax: 986 191 119
Email: alondras@alondrascf.com

Política privacidad