Rúa Campo de Fútbol, 5 · 36949 Cangas, Pontevedra

Comunicado: Evento cancelado.

Noticias

Comunicado Oficial:

Lamentablemente temos que comunicar a suspensión da tradicional Festa do Entroido que iamos celebrar este sábado na Alameda Nova de Cangas.

Diversos factores obrigáronnos a tomar esta decisión, sendo fundamental a imposibilidade da empresa instaladora de garantir a instalación e apertura da carpa habilitada debido aos refachos de vento que os partes meteorolóxicos vaticinan para os vindeiros días.

Pedimos desculpas aos nosos fieis que ano tras ano acudían a pasar unha noite divertida e agradable e esperamos en sucesivas edicións retomar, dalgunha maneira, esta celebración que supón uns ingresos para un club humilde como o noso.

Queremos agradecer tamén ao Concello de Cangas pola súa total disposición e colaboración na celebración deste tradicional evento.

Por último, gustaríanos nesta idea de unión cos diversos actores sociais do noso pobo, que non vos quededes na casa e acudades ás diversas opcións de lecer nocturno que se ofertan en Cangas.

Cangas somos todos!❤️

← Nova anterior

Programación Canteira (3 e 4 febreiro)

Seguinte Nova →

J20: Alondras – Arteixo

Escudo del Alondras CF

Actualidad del club

Alondras CF

Novas, resultados e toda a actualidade do noso club. Dende Cangas, compartindo a paixón polas nosas cores.

Orgullo de club. Paixón polas nosas cores.